DATOS TÉCNICOS
Inicio: Cruceiro na aldea de Forxán. [42.877366, -8.754527]
Remate: Cruceiro na aldea de Forxán. [42.877366, -8.754527]
Kms: 7 aproximadamente
Dificultade: baixa
A pé: si
Bicicleta: si (tramo con dificultade ó longo do río Traba)
Nenos: si
Mascotas: si
Adaptada: non
Auga potable: si (fonte na ponte do río Traba)
Perfil: 


DESCRICIÓN
RUTA 7 - VERDE: Forxán- Castro de Forxán- río Traba- Viceso- Pousada- Forxán

Esta ruta comeza no cruceiro da aldea de Forxán, na parroquia de Viceso. Subindo cara á esquerda chegamos ao Castro de Forxán, sen excavar, unha fermosa carballeira rodeada por un muro de pedra. Volvemos ao punto de partida e saímos da aldea collendo á dereita.

Imos pola estrada e collemos o terceiro camiño á man dereita para baixar cara o río Traba por un camiño de monte. Ao chegar á Ponte dos Carros collemos o camiño que vai pola esquerda á beira do río (cruzando a ponte hai unha pequena fonte de auga potable) e que chega ata a Ponte da Igrexa. Neste tramo atoparémonos con diversa vexetación e variedade de muíños, podéndonos bañar incluso nalgunhas zonas próximas a eles.

Ao chegar á Ponte da Igrexa  colleremos cara á dereita dirección Pousada, onde podemos ver tres cruceiros de diferentes tipo. O primeiro que atopamos é o Cruceiro da Goriña, cruceiro de capela do ano 1673, o máis antigo do concello. Case enfrente atopamos outro cruceiro (¿?) e no medio da aldea o Cruceiro de Pousada.

Este tramo, desde a Ponte da Igrexa ata a aldea de Pousada é común á Ruta lila: Viceso-A Luaña. No medio da aldea sepáranse os seus camiños e nós seguimos cara á esquerda para saír á estrada que une Esparís con Nináns (aquí está a praia fluvial, a uns 500 metros de onde nos atopamos). Collemos cara á dereitas e case enfrente collemos un camiño á esquerda que nos leva de novo ao río Traba. Cruzamos a chamada Ponte de Porto Pequeno e collemos o primeiro camiño de monte á esquerda, camiño que nos leva pola beira do río ata saír de novo á estrada. Subimos un anaco pola estrada e chegamos ao cruce onde, indo para a esquerda, iremos dar á Igrexa de Santa María de Viceso, lugar moi axeitado para facer un pequeno descanso.

De aquí sairemos por un camiño que hai á dereita (cara á esquerda baixa de novo ao río e por aí vai a Ruta lila: Viceso – A Luaña), á beira do cemiterio e o telecentro, e seguindo este camiño rodeado de monte e fincas imos saír á estrada ao lado dun establo na aldea de Ombre.

Aquí collemos cara á esquerda e chegamos de novo ao punto de partida, no cruceiro de Forxán.

Descarga da descrición en pdf: pincha aquí

DESCARGA MAPAS
Descarga mapa en pdf: pincha aquí
Descarga mapa en googlemaps: pincha aquí
Descarga mapa en wikiloc: pincha aquí

DESCARGA TRACKS
Formato gpx: pincha aquí
Formato kml: pincha aquí
Formato kmz: pincha aquí
Formato tcx: pincha aquí

FOTOS
Enlace a fotos: pincha aquí

Copyright © Rutas de Sendeirismo no Concello de Brión - Concello de Brión